lunes, 28 de noviembre de 2011

Tu madre aún me sigue culpando.

Se o politicamente correcto falase... Cantas cousas teria que contarnos, pero como soe estar calado, xa que sempre falan en nome del, a música e artes derivadas, é dicir o canto e o berreo déixannos desfrutar de coplas dedicadas como estas.


Con xente musical coma esta banda asturiana posiblemente Freud tivera traballo suficiente para desenvolver novas teorías ó redor do cabroncerismo xuvenil en persoas de 40 tacos, e iso como tese ten futuro, polo menos para mentes lixeiras e abertas. As expresións populares refrendan a represión pola linguaxe culta? Nin pensalo, cantos máis tacos e máis verbenas mello nos sentiremos, navegando entre tazas de viño mellor nos expresaremos. Paréceme que a dicción non se pode por en entredito pero si o coidado léxico, con saber onde nace un e onde pode caer é suficiente o resto é propiedade do que malchaman vulgo, aquel que enriquece a lingua con parafraseo popular.

Ó que non lle guste sempre pode facer unha tese sobre o pouco que lle gusta, pero non culpen a quen asume o valor de berrar por encima do resto e ademais facéndoo con voz propia. Para as dores de cabeza nada mellor que unha boa peza, para non ficar carbonizada nese complexo intelectualoide que nos pesa á clase universtaria, esa desprezada prole borracha que absorbe coñecementos sen entendemento para pensarse sabida e humanista.

Fálame, acórdate do que dis, e manteremos unha agradable conversación.
Foise...
-Agora xa non hai remedio.
-Nin terra nin sustento.
-Me cago en dios co fillo...
-Certo é que despois de parido xa foi mantido.
-Nin obra nin man botou.
-Bendito sexa onde estea.
-Para que nos faga máis desgraza? Nin tolo!
-Pobre el...
-Pobre a terra sen labranza.
-Xa nos manterá a fame.
-Vai para casa, o sol si que nos come, vai para casa...
-Pobre el... Coa súa cara de anxo.
-Pobres nós co noso tumulto de sempre. Pobre Pericán sen nome.
-Patacas doces, semente podre, que burricán o labrego.
-Que verdade máis feita.
-Agora sinto que vou caer eu....
-Merda, Me Cago en Dios, estirpe do carallo a do sacho revirado...

No hay comentarios:

Publicar un comentario