Hoxe foise un dos representantes vivos da cultura galega con máis traxectoria. Hoxe foise un dos nosos. Un home de talante irreparable que tiven a ocasión de oír falar en máis dunha ocasión, xunto del estaba o outro finado inmortal, o Isaac Díaz Pardo; con orgullo gardo ámbolos dous rostros no meu corazón.
Déixanos un dos fragmentos máis importantes da memoria galega deste século e do anterior, agora só queda facer valer a súa obra, difundila e aprender dela; só así faremos deste mundo un lugar máis habitable.
Grazas por todo o feito Avelino, que en paz descanses.
No hay comentarios:
Publicar un comentario